xoves, 14 de marzo de 2019

DÍA DOS DEREITOS DO CONSUMIDOR 2019

O  15 DE MARZO CELEBRAMOS O DÍA DOS DEREITOS DO  CONSUMIDOR.

Co obxectivo de promocionar o consumo responsable dende a infancia, o Equipo de Actividades Complementarias organizou unha serie de actividades para conmemorar esta data.

Cada aula debe elixir UNHA das seguintes  actividades  propostas e traballarla co alumnado do grupo.
Ademáis todo o centro debe aprender a facer unha bolsa da compra con papel de xornal. Tedes o video explicativo máis adiante.
  1. Facer unha lista da compra responsable. Unha vez que está feita a lista calcular cantos materiais de refugallo xeramos con esa compra. Tiveron en conta levar a bolsa da casa? Compraron froita en bandexas ou só as pezas de froita que necesitan en bolsa de papel? Pictogramas asociados á alimentación?
  2. Incorporar o hábito da lectura de etiquetas. Son quen de leer as etiquetas da roupa que levo ou da merenda? Que significan os símbolos do meu taper?
  3. Reflexionar sobre como se tratan os nosos datos en aplicacións informáticas para despóis ofertarnos, ou bombardearnos con suxerencias de compras.
  4. Elaborar un rexistro de todos os productos que terminan no lixo ao longo dun día. Reflexionar sobre a cantidade de basura que xeramos. É necesario utilizar tantos embases e bolsas de plástico?
  5. Visualizar o vídeo de como contribuir para  aforrar o consumo da luz.
  6. Simulación dunha compra necesaria para un día da vida do noso alumnado. Que consideran necesario para o seu día a día? Levan unha alimentación saudable?
  7. Buscar no xornal anuncios. Qué anuncios atopamos nun xornal? Que cara teñen os protagonistas dos anuncios? Que nos queren vender, só o producto ou algo máis?
Como crear unha bolsa con papeis de xornal







Vídeos:
  • “De consumir a consumidor responsable” (recomendado a 2º y 3º ciclo):


  • “SED y el día del consumo responsable” (primaria)
PINCHA PARA  VER  O VIDEO

  • “Cuidadín y Gastón, un cuento sobre consumo responsable” (infantil e 1º ciclo)
PINCHA PARA VER O VIDEO


XOGOS:

PINCHA PARA XOGAR




Ningún comentario:

Publicar un comentario