luns, 5 de xuño de 2017

DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Son moitos os contidos e as actividades que este ano estamos facendo no centro  para coidar o medioambiente: puxéronse en funcionamento a PATRULLAS VERDES, en todas as aulas teñen contedores para a reciclaxe de papel, plásticos e orgánicos, no patio que  aumentouse o número de contedores para poder facer unha correcta reciclaxe.

Tamén cambiamos a nosa forma de traer o pequeno almorzo ao cole, agora facémolo en friameiras e non utilizamos papel de alumninio.

Cos tapóns que reciclamos no Chano fixemos unha gran labor, levaronse á protectora  de animais abandoados OS PALLEIROS DE PONTEVEDRA.

Recorda que se decides ter unha mascota debes coidala, protexela  e aínda que a túa vida cambie nunca debes abandoala, ela non o faría.


                                


Pero non podemos esquecer que son moitas  as tarefas que podemos facer cada día a favor do medio ambiente, coidar as nosas mascotas, non deixar o grifo aberto mentres lavamos as mans, coidar as plantas, non tirar escombro nos nosos montes, reciclar os tapóns.

                                         

PARA NENOS/AS DE PRIMARIA


                                      

Son moitos os animais en perigo de extinción, deixamos un vídeo con algúns deles.


Cuida de tu planeta

Ningún comentario:

Publicar un comentario